SENIOR FEMININO
C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 69 – 45 AB XINZO
Parciais: 16 – 17 / 22 – 8 / 14 – 9 / 17 – 11
Anotadoras: Alejandra 35; Tamara 22; Cris 6; Raquel 2; Elena V. 2; Joana 2; Alba L.; Iria; Alba G.; Elena T.
Primeira victoria do ano 2025 para o noso Senior Feminino perante o equipo de Xinzo de Limia, un duelo xa habitual dende categoría junior para o noso clube.
Custoulle arrancar ao equipo de Joseba no primeiro periodo, pero un gran segundo cuarto no aspecto ofensivo fixo que o Caselas acadara as primeiras vantaxes importantes no marcador ao descanso.
Na segunda metade as nosas continuaron dominando o partido a pesares de que as visitantes non perderon nunca a cara ao encontro. A victoria abultada foi traballada e merecida.
Noraboa equipo, agora a polo próximo partido de novo na casa perante ao Giraldo C.B. Vilagarcía!
CADETE FEMININO
C.B. CASELAS NOREXCA 58 – 38 C.B. TUI
O noso Cadete Feminino atópase nun bo momento de forma e xogou un gran partido na visita do C.B. Tui na xélida mañá do pasado domingo. Qué frío facía polo amor de deus!!!
As de Adrián fixeron, probablemente, o partido máis completo de toda a tempada, mantendo a concentración en defensa os 40 minutos (gran traballo no balance e rebote defensivo) e atopando solucións en todo momento as diferentes defensas plantexadas polo equipo visitante (individual, presión a toda pista e defensa en zona).
Como nos teñen acostumad@s nesta tempada o noso equipo cadete feminino leva a cabo un xogo no que todas aportan o seu gran de area e o ambiente no grupo é xenial, aspecto no que queremos incidir e que, máis aló dos resultados, é sen dúbida o obxectivo principal.
Noraboa rapazas e a continuar mellorando!
INFANTIL FEMININO
C.B. CASELAS EAM 8 – 59 CBR REDONDELA
O Infa Feminino tivo un partido duro por diante o pasado sábado perante o CBR Redondela, un equipo moi superior físicamente e en altura ao noso, feito que determinou a diferenza no marcador.
Igualmente, as nosas o intentaron e mostraron aspectos positivos durante o encontro.
Ánimo e a continuar!
MINI FEMININO
PBB FEM PORRIÑO 42 – 47 C.B. CASELAS JGC VENDING
Partidazo o que disputou o Mini Feminino no pavillón municipal de Porriño, mostrando a súa continua mellora neste curso.
O mini derbi comarcal non defraudou e ambos equipos xogaron un igualado e emocionante encontro que fixo as delicias das familias na grada.
As nosas o deron todo e acadaron unha gran victoria nunha cancha complicada, pero o máis importante foi a actitude positiva e de xogo en equipo que cada vez está máis consolidada neste grupo.
As veces gáñase e as veces pérdese, pero sempre debemos desfrutar!
O C.B. CASELAS APOSTA FORTE POLO BALONCESTO FEMININO !
Dende fai moitos anos o C.B. Caselas apostou forte polas categorías de baloncesto feminino.
Como sabedes, o curso pasado por fin sacamos adiante un senior feminino despois de moito tempo loitando por conseguilo. Ademáis sentímonos dobremente orgullos@s pois está integramente formado por rapazas procedentes da nosa canteira.
Nesta tempada 24-25 contamos con catro equipos femininos, ademáis das categorías mixtas de premini e baby, continuando a medrar en número de licenzas en xeral e tamén en particular nas categorías femininas.
Co noso senior como referencia continuaremos a traballar para que todas as rapazas de Salceda que desexen practicar baloncesto no seu pobo poidan facelo dende pequenas e que teñan a posibilidade de seguir no clube cando sexan maiores de idade, ao igual que fixemos dende sempre co masculino!
SENIOR MASCULINO
ILLAS CÍES RÍAS BAIXAS 80 – 63 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 28 – 16 / 16 – 10 / 19 – 16 / 17 – 21
Anotadores: Xur 15; Girma 9; Álex 9; Héctor 8; Jorge 8; Manu G. 6; Iván 4; Jose 2; Rober 2; Fredi; Pablo S.
Segunda derrota consecutiva do Senior Masculino, feito que dase por primeira vez en todo o curso.
Os de Martín non tiveron a súa mellor tarde e o equipo local impúxose con claridade ante o Caselas.
De todos xeitos, os nosos o intentaron nun día difícil.
Sabemos que esta competición está tremendamente igualada e que calquera equipo pode gañar partidos.
A pesares da derrota o C.B. Caselas continúa na zona alta da clasificación e buscará romper esta racha no próximo partido na casa ante o clásico do baloncesto vigués do Rodaballo.
JUNIOR MASCULINO
SJ CLUNY 76 – 44 C.B. CASELAS ELECTRICIDAD CONDADO
O Junior Masculino xogou na difícil cancha do SJ Cluny competindo mellor que na primeira ocasión na que nos enfrontamos a este equipo.
Os de Carlos, están encadrados no grupo A da segunda fase, polo que cada encontro será tremendamente duro o que temos que aproveitar para medrar tanto individual como colectivamente.
Ánimo rapaces!
CADETE MASCULINO
C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 52 – 38 SJ CLUNY
Unha das grandes alegrías da xornada protaganizouna o noso Cadete Masculino Construcciones Maceiras, que acadou o primeiro triunfo da tempada para o equipo.
Xa a pasada fin de semana os de Luismi estiveron moi cerca tras perder na prórroga na visita ao Apóstol, pero esta vez a victoria non se lles escapou!
Gran traballo de todos os xogadores cadetes (e infantiles que sempre están comprometidos co grupo) para acadar este triunfo.
A desfrutalo e a seguir traballando para crecer e mellorar!
Noraboa rapaces!
INFANTIL MASCULINO
NS ESPERANZA NARANJA 73 – 26 C.B. CASELAS NATURAL GRANITE
O equipo Infantil Masculino Natural Granite visitou a cancha do NS ESperanza con moitas baixas.
A pesares de ir con poucos xogadores o deron todo e loitaron durante os 40 minutos ante un rival moi superior físicamente.
Grandes!
MINI MASCULINO
C.B. CASELAS ALVANOR 34 – 57 BALONCESTO NIGRÁN
Partido duro para o Mini Masculino, que na primeira metade non xogou ao seu mellor nivel pero que tras o descanso mudou a cara e competíu moito mellor grazas ao esforzo de todos os rapaces.
ENTREGA DOS CALENDARIOS 2024-25 DO C.B. CASELAS
Tod@s os xogador@s do C.B.Caselas xa teñen no seu poder os tradicionais CALENDARIOS OFICIAIS DO CLUBE desta tempada 24-25❗
Traballo impecable coma sempre de Javucho Publicidade 😍😍😍
Graciñas ⛹️♀️🏀⛹️
Esta fin de semana máis e mellor !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments