Esta pasada fin de semana os equipos do C.B. Caselas demostraron o gran potencial do noso clube, con victorias importantes e derrotas competindo ao máximo.
A gran noticia da xornada foi a clasificación dos rapaces do Cadete Masculino Balidea para a fase de ascenso a Liga Galega!
Aquí tendes os resultados e a crónica da xornada:
SENIOR FEMININO
EDM ESTRADENSE 34 – 77 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 8 – 24 / 4 – 21 / 8 – 15 / 14 – 17
Anotadoras: Alejandra 22; Cris 19; Tamara 15; Susi 10; Joana 8; Iria 3; Elena; Alba.
Á cuarta foi a vencida. Despois dun inicio de competición moi complicado para o noso Senior Feminino LR Natural Granite, marcado polas baixas por lesión e o proceso de engranaxe das novas xogadoras, pouco a pouco o equipo de Joseba comeza a carburar.
O Caselas dominou dende o salto incial ata o final de partido, nun encontro moi completo no que as nosas mostraron un gran acerto ofensivo: 77 puntos en categoría senior feminino non se anotan todos os días.
Esta primeira e merecida alegría da tempada de seguro que axudará ao equipo a recuperar confianza e continúe traballando para mellorar cada día. Grandes !!!
SENIOR MASCULINO
C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 63 – 50 SEIS DO NADAL COIA
Parciais: 5 – 12 / 12 – 16 / 23 – 10 / 23 -12
Anotadores: Girma 13; Álex 11; Xur 9; Eloy 9; Manuel L. 7; Jorge 6; Héctor 4; Jose 3; Rober 1; Fredi; Manuel G.; Pablo.
Partido duro o xogado polo Senior Masculino Hermanos Núñez, nun choque xa clásico dos últimos anos.
Na primeira parte os nosos non estiveron nada acertados debaixo do aro, feito que sumado ao desacerto no tiro libre do Caselas durante todo o encontro fixo que os de Martín tiveran que remar moito para poder igualar o marcador.
Na segunda metade o equipo mostrou a súa mellor cara en ataque e acabou impoñendo o seu xogo, levándose a victoria nun día difícil cunha gran reacción colectiva ante un mal inicio de partido e demostrando que esta tempada van a por todas. A seguir !
JUNIOR MASCULINO
C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 48 – 56 C.B. TUI
Bo partido de volta nesta eliminatoria polo 5º e 6º posto da primeira fase da liga dos rapaces do junior ante un gran rival como foi o noso clube veciño do C.B. Tui.
Despois de perder de maneira abultada no partido de ida fai sete días, os rapaces adestrados por Carlos mudaron a cara e competiron moito mellor neste encontro.
Bo traballo !
CADETE MASCULINO
C.B. BAIONA 27 – 117 C.B. CASELAS BALIDEA
Esta xeración logrouno de novo e tras a victoria en Baiona o pasado domingo, clasificouse para a semifinal da fase de ascenso a Liga Galega, ao igual que xa o fixera a tempada pasada tanto na fase de inverno como na de primaveira.
Toda a ilusión, compromiso e traballlo destes anos trae os seus froitos e unha vez máis estaremos entre os catro mellores equipos da competición cadete masculina de Vigo.
Agora toca desfrutar e dalo todo. Pase o que pase nestas eliminatorias, estaremos máis que orgullos@s de todos vós porque sabemos que deixaredes a pel na pista!
O próximo DOMINGO 24 DE NOVEMBRO ás 12:00h TOD@S AO PAVILLÓN MUNICIPAL DE SALCEDA para animar ao equipo no PARTIDO DE IDA DAS SEMIFINAIS DA FASE DE ASCENSO!!!
Agardamos que sexa unha gran festa de baloncesto !
C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 47 – 51 NOVOBASKET D
Bo partido do Cadete Masculino Construcciones Maceiras, que o deu todo nun encontro moi igualado.
Os rapaces de Luismi estiveron a piques de levarse a que sería a primeira victoria da tempada nesta derradiera xornada dunha primeira fase durísima, que non está a ser doada para os rapaces, pero que de seguro fará que medren moito neste primeiro ano de cadete.
Continuade traballando como ata o de agora e seguro que pronto chegarán moitas alegrías!
Queremos felicitar a todos os rapaces do Junior e de ambos equipos Cadetes, que nunha tempada na que teñen que compartir pista e espazo estes tres equipos, están a formar unha gran piña axudándose uns a outros. Precisamos máis instalacións deportivas para a mocidade de Salceda, pero mentras tanto, non deixa de sorprendernos a capacidade de adaptación dos nosos xogaodr@s!
CADETE FEMININO (DOBRE XORNADA)
MIRALBA NARANJA 57 – 49 C.B. CASELAS NOREXCA
PBB B 52 – 65 C.B. CASELAS NOREXCA
Tremendas.
Este é o adxetivo calificativo que se nos ocorre para definir ao noso equipo Cadete Feminino Norexca, que afrontaba unha fin de semana dura con dous partidos consecutivos e que complicouse todavía máis despois do primeiro partido.
O venres tocaba recuperar o partido aprazado na sempre difícil cancha do Colexio Miralba, co terceiro posto do grupo en xogo. As nosas o deron todo nun partido moi igualado.
No derradeiro periodo sufrimos nada máis e nada menos que tres lesións practicamente de golpe. Aragonta, Suevia e Aicha mancáronse e dúas delas tiveron que ir a urxencias (afortunadamente descártanse lesións de gravedad). Con esta difícil situación as demáis compañeiras loitaron ata o final do partido, pero a victoria quedou en Vigo.
Ao día seguinte e con estas tres baixas, o equipo chegaba a Porriño en cadro, pero coa axuda das infantiles e de Pilar, que voltaba a xogar para axudar ás compañeiras, as rapazas de Adrián desmostraron o gran compromiso do grupo e sacaron adiante un encontro moi difícil de afrontar, levándose unha meritoria victoria froito dun gran traballo colectivo.
Remata así unha moi boa primeira fase do cadete feminino, na que competiron a gran nivel.
Noraboa rapazas e moito ánimo ás lesionadas, que xunto coa compañeira Diana (lesionada de longa duración) vos desexamos unha boa recuperación!
INFANTIL FEMININO
SEIS DO NADAL COIA 58 – 8 C.B. CASELAS JGC VENDING
INFANTIL MASCULINO
C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 62 – 24 C.B. REDONDELA
C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 14 – 64 SAN JOSÉ CLUNY
PREMINI MIXTO
C.B. CASELAS 18 – 38 PBB MIXTO
Por fin debutaron @s rapaz@s do premini!
Foi o primeiro de moitos partidos que chegarán durante esta tempada, nos que os obxectivos principais serán divertirse, aprender e mellorar cada día no que para moit@s será o seu ano debut en competición!!!
A próxima fin de semana, máis e mellor !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments