Había moita expectación entre a familia do C.B. Caselas ante a chegada dos primeiros partidos no novo chan do noso pavillón esta fin de semana.

A pista luce espectacular e representa un pasiño cara adiante na mellora das instalacións deportivas do noso concello e @s rapaz@s do clube desfrutaron moito nesta, literalmente, primeira toma de contacto.

Os nosos equipos o deron todo e competiron moi ben nesta xornada na volta á nosa casa.

Esta semana por fin regresamos á normalidade adestrando en Salceda e indo ao IES Pedrasrubias unicamente os venres cos equipos de canastra grande!

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 46 – 44 ILLAS CÍES

Parciais: 8 – 5 / 17 – 11 / 8 – 19 / 13 – 9

Anotadores: Eloy 13; Xur 8; Alex 8; Girma 7; Jorge 6; Iván 2; Jose 1; Héctor 1; Fredi; Rober; Pablo; Manu.

Non puido comezar mellor a andadura do noso senior masculino na tempada 24 – 25. Na primeira xornada de liga conseguimos superar a un clásico e duro rival desta liga, o Illas Cíes vigués nun encontro moi igualado.

Os de Martín saíron enchufados en defensa dende o incio e ambos os dous equipos estiveron bastante desacertados cara ao aro na primeira metade. Ao descanso o Caselas acadou diferenzas de 10 puntos ou máis.

No segundo tempo o equipo visitante reaccionou e igualou o choque, máis os nosos mantivéronse moi serios durante todo un partido no que se notou que estamos a principios de tempada.

Noraboa ao equipo polo gran esforzo e acadar unha victoria moi traballada nesta primeira xornada de competición.

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS ELÉCTRICA CONDADO 72 – 60 SEIS DO NADAL B

Partidazo xogado polos junior que acadaron a primeira victoria na casa despois de disputar un encontro moi igualado. Parabéns rapaces!

CADETE MASCULINO

Os dous equipos cadetes masculinos debutaron na casa con resultados distintos. Ambos o deron todo e esforzáronse ao máximo. A continuar traballando!

C.B. CASELAS BALIDEA 130 – 18 C.B. CLUNY

C.B. CASELAS 36 – 63 C.B. CONDADO

CADETE FEMININO

CELTA 71 – 38 C.B. CASELAS NOREXCA

As rapazas do cadete continúan a coller ritmo e nun difícil inicio de tempada o deron todo no partido desta fin de semana.

No primeiro periodo as xogadoras do Caselas competiron moi ben rematando cun resultado de 15 – 14 a favor do Celta. Pero a medida que a falta de fondo físico comezou a aparecer, as locais impuxeron o seu ritmo ao igual que sucedeu na primeira xornada perante Mariano.

Orgullosos do compromiso mostrado polo cadete feminino nestes primeiros partidos, coas infas axudando. Estamos no bo camiño.

INFANTIL MASCULINO

C.B. TUI 46 – 60 C.B. CASELAS

Gran traballo dos rapaces do Infantil Masculino que acadaron unha boa victoria nunha sempre difícil visita a Tui. Noraboa!

INFANTIL FEMININO

SALESIANOS – C.B. CASELAS JGC VENDING

(SUSPENDIDO POLAS MALAS CONDICIÓNS DA PISTA VIGUESA)

As rapazas do Infantil quedaron coas ganas de saltar á pista debido á condensación que facía perigosa a práctica deportiva. Xa estamos a buscar data para recuperar este encontro.

A próxima fin de semana máis e mellor !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?