Foron unas semanas moi moi longas de adestramentos en Parderrubias.

Pensando que ben que se está na casa dun, e desexando ver e estrear o nova pista do noso pavillón.

Pensando que esta vai ser unha gran tempada para lembrar. Rozando @s 130 xogador@s, 7 adestrador@s, 4 axudantes da nosa Escola de Adestradores e 13 equipos o maior número da historia de Club.

Pero chegou o momento e esta fin de semana regresamos a casa por todo o alto cunha chea de partidos na casa e si, con nova pista. Aquí podedes ver como loce.

Agora toca coidalo xa que supuxo anos de traballo e unhan gran inversión. Estableceranse novos protocolos de acceso a pista para adestramentos e partidos.

E aquí tendes o cartel desta semana con todos os encontros.

A desfrutar!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?