SENIOR FEMININO
C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 71 – 57 IGUALDADE CAMBADOS
Parciais: 21 – 16 / 18 – 11 / 15 – 14 / 17 – 16
Anotadoras: Tamara 28; Cris 14; Alejandra 10; Susi 6; Elena 4; Lucía 4; Iria 3; Irene 2; Raquel.
Unha xornada máis as rapazas do senior feminino fixeron desfrutar á afección do C.B.Caselas cun gran partido. Nesta ocasión, nunha cita moi especial para o clube, xa que tratábase nin máis nin menos que do encontro de volta das semifinais de copa.
O Caselas, que traía sete puntos de vantaxe do partido xogado en Cambados, saíu a por todas dende o primeiro minuto de xogo para impoñer o seu ritmo cunha defensa moi intensa. En ataque saímos enchufadas e xogamos con intelixencia mostrando a gran melloría neste aspecto dos últimos meses de competición.
A segunda metade resultou máis igualada pero grazas a aportación de todas as xogadoras, mantivemos sempre diferenzas de entre 7 e 12 puntos respecto ás visitantes, levándonos a victoria e acadando así de maneira brillante o pase á gran final de copa senior feminina.
Non podemos estar máis orgullosos deste grupo que nesta primeira tempada da historia do Caselas en categoría senior feminino, competíu a un nivel moi alto na liga e que a próxima fin de semana disputará merecidamente a final do torneo copeiro perante un duro rival: o campión de liga Salesianos Vigo.
A por todas e sobre todo a desfrutar !!!
SENIOR MASCULINO
C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 64 – 67 C.B.NIGRÁN
Parciais: 22 – 12 / 11 – 23 / 16 – 17 / 15-15
Anotadores: Kentre Williams 21; Xur 13; Darrell Paxton II 13; Alex 6; Eloy 5; Iván 2; Jorge 2; Héctor 2; Jose; Rober; Fredi; Manuel.
O partido que pechaba o super domingo de baloncesto no C.B.Caselas prometía emocións fortes.
Xogábase o senior masculino o primeiro posto do grupo de copa perante o C.B.Nigrán, con ambos equipos xa clasificados para a Final Four e o partido non defraudou ao público presente no pavillón de Salceda.
O Caselas saíu moi forte no primeiro periodo, rematando dez puntos arriba. O segundo periodo foi para os visitantes, que lle devolveron o parcial inicial aos nosos.
A segunda metade foi igualadísima e o partido decidíuse nos derradeiros segundos.
Este choque supuxo unha boa proba para o equipo de cara á semifinal de copa desta próxima fin de semana, e os de Martín responderon con boa nota.
CHAMAMENTO A TODA A FAMILIA DO C.B.CASELAS !!!
O Senior Feminino LR Natural Granite xogará a FINAL DE COPA e o Senior Masculino Hermanos Núñez a SEMIFINAL DE COPA !!!
Os partidos serán:
SÁBADO 1 DE XUÑO: Semifinal Copa Senior Masculino 18:30h
DOMINGO 2 DE XUÑO: Final Copa Senior Feminino 12:00h
Ambos encontros se xogarán no Pavillón As Lagoas do CUVI
Noraboa a ambos equipos polo temporadón e sobre todo polo gran exemplo que exercen sobre a nosa canteira.
Agardamos a toda a familia do C.B.Caselas para animar e apoiar a ambos os dous equipos !!!
CADETE MASCULINO
C.B.CASELAS BALIDEA 58 – 51 C.B.TUI
Partidazo de baloncesto o que xogou o noso Cadete Masculino perante os veciños do C.B.Tui. Un encontro moi igualado que se decidíu nos derradeiros instantes.
Os rapaces do Caselas leváronse a victoria grazas a un gran traballo colectivo e achéganse un pouquiño máis á Final Four da copa. Grandes !
CADETE FEMININO
SEIS DO NADAL 62 – 25 C.B.CASELAS
Derrota do Cadete Feminino na pista do Seis do Nadal, nun partido duro no que as nosas o intentaron e o deron todo. A continuar traballando antes do derradeiro encontro oficial da próxima fin de semana en casa perante o C.B.Tui.
INFANTIL MASCULINO
DEFENSORES DO MORRAZO 19 – 69 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
NS ESPERANZA 55 – 4 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE
O infantil Hermanos Núñez acadou unha gran victoria no Morrazo antes da derradeira xornada do grupo de copa, mentres que o Infantil Natural Granite rematou a súa tempada oficial cunha abultada derrota, que non empaña o gran papel dos rapaces e a melloría mostrada nos últimos meses.
Estamos moi contentos con ambos os dous grupos !
MINI MASCULINO
C.B.CASELAS 59 – 9 C.B.REDONDELA
Os minis remataron a tempadada cun gran partido na casa contra o C.B.Redondela, no que mostraron a mellloría tanto individual como colectiva do equipo. Noraboa !
MINI FEMININO
C.B.CASELAS 27 – 35 CELTA MARINO
Unha vez máis as minis xogaron un partido intenso e igualado como vén sendo habitual nos últimos meses. Con este encontro rematan unha tempada oficial moi positiva e productiva, na que o grupo non parou de medrar durante todo o curso. Grandes !
PREMINI MIXTO
C.B.CASELAS 35 – 22 C.B.REDONDELA
O Premini Mixto rematou a copa cun partidazo no que despois de comezar perdendo, levaron a cabo unha gran remontada grazas ao esforzo de tod@s @s xogador@s.
Foi un curso de moita aprendizaxe e mellora deste grupo !
CONCENTRACIÓN BABY
Unha vez máis e xa foron tres esta tempada, o C.B.Caselas organizou a Concentración Baby no Pavillón Municipal de Salceda, reunindo a 9 equipos da contorna e vivindo un ambiente espectacular coas gradas repletas de familias que desfrutaron ao grande do espectáculo de baloncesto e diversión ofrecidas polos xogador@s máis pequech@s da competición federada.
É unha gozada para o noso clube organizar este tipo de eventos e por outra banda, estamos tremendamente contentos polo gran grupo baby que formamos este curso: xa temos 16 rapaz@s nesta categoría, algo básico para continuar a medrar na nosa canteira.
RECTA FINAL DE TEMPADA
Todavía queda case un mes para rematar a tempada no C.B.Caselas: as competicións de mini, premini e baby xa remataron; as de canastra grande todavía están en xogo.
Ademáis, os adestramentos continuarán ata o xoves 20 de xuño e, por suposto, chega un dos eventos máis agardados polos xogador@s de todas as categorías: A LIGA DOS INSECTOS E DINOSAURIOS, ademáis da LIGA DOS FÓSILES, nas que participarán tod@s @s compoñentes da familia do C.B.Caselas (PROXIMAMENTE TODA A INFO)
Por último chegará a III edición do noso campus, que se celebrará do 25 ao 29 de xuño.
A DESFRUTAR !!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments