SENIOR FEMININO

C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 51 – 63 SALESIANOS VIGO

Parciais: 11 – 13 / 13 – 13 / 17 – 18 / 10 – 19

Anotadoras: Alejandra 16; Tamara 9; Cristina 8; Iria 4; Laura 3; Lucía 3; Elena 3; Irene 3; Saray 2; Raquel.

Gran partido do noso senior feminino que púxolle as cousas moi difíciles ao lider da competición, o Salesianos Vigo nun encontro dun ritmo enorme e cun gran nivel físico.

Como vén sendo habitual nas últimas xornadas, o Caselas saíu tremendamente enchufado e impoñendo o seu xogo; pese a este bo inicio, o pouco acerto baixo o aro non nos permitíu coller vantaxe no marcador. Unha primeira metade moi entretida rematou cun 24 – 26 para as visitantes.

Tras o paso polos vestiarios o partido mantivo a intensidade e o acerto medrou por parte de ambos os dous equipos; o derradeiro periodo foi moi igualado ata os últimos 2 minutos nos que o Caselas acusou o cansancio e tomou varias decisións precipitadas en ataque, o que sumado ao acerto exterior e o xogo físico de Salesianos decantou a victoria para as viguesas.

A pesares da derrota este partido déixanos un bo sabor de boca debido á mellora mostrada polo equipo, en clara progresión durante toda a tempada. Para mostra un botón: no partido de ida o resultado foi 81 – 42 para Salesianos, mentras que neste encontro chegamos aos derradeiros minutos con opción de victoria. Continuemos mellorando!

SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 59 – 64 C.B.ELÉCTRICA SESTELO CONDADO

Parciais: 7 – 15 / 14 – 22 / 26 – 10 / 12 – 17

Anotadores: Xur 19; Kentre Williams 9; Jose 7; Eloy 7; Darrell Lazall 5; Jorge 4; Alex 4; Iván 3; Héctor 1; Rober; Fredi; Manuel.

Partido con dúas caras moi distintas por parte do Caselas Senior Masculino. Na primeira metade os nosos non saíron nada ben, ao contrario que Condado e chegamos ao descanso cun merecido 21 – 37 para os visitantes.

No terceiro periodo os de Martín déronlle a volta á situación cunha gran reacción e acadaron un parcial a favor de 26 – 10, permitíndolles chegar con empate a 47 ao inicio de derradeiro acto.

Finalmente a victoria caeu do lado visitante, que en liñas xerais foi mellor que o Caselas.

Estes derradeiros partidos de liga regular teñen que servirnos para amoldar ao equipo aos nosos novos xogadores Darrell e Kentre de cara á competición copeira, pero este encontro debe servir como toque de atención para saír moito máis concentrados nos inicios de partido e competir como este grupo sabe facer.

A próxima fin de semana será o único equipo do clube en xogar competición oficial, na súa visita ao potente Rías Baixas vigués o sábado 10 de febreiro ás 16:00h en Balaídos.

CADETE MASCULINO

C.B.CLUNY BASKETGAL 23 – 46 C.B.CASELAS BALIDEA

O cadete masculino Balidea comezou a segunda fase da liga despois do merecido descanso competitivo tras a Final Four e a eliminatoria de ascenso a Liga Galega.

Non foi o mellor partido dos nosos, pero aínda así o deron todo. A continuar traballando!

CADETE FEMININO

DEFENSORAS DO MORRAZO 59 – 56 C.B.CASELAS

Partidazo o xogado polas cadetes o domingo pola tarde perante Defensoras do Morrazo. As rapazas chegaban a Cangas con boas sensacións despois da primeira xornada contra Porriño e coa certeza de que sería un partido moi igualado (nos dous partidos da primeira fase fronte a Defensoras perdimos por un punto), e así foi.

O caselas xogou unha moi boa primeira parte: marchamos ao descanso cun marcador a favor de 6 puntos; na reanudación, as de Adrián xogaron un gran baloncesto e no terceiro periodo chegaron a ter diferenzas de ata 12 puntos.

Sen embargo, o Defensores saíu moi forte no derradeiro periodo e igualou o partido, deixando o desenlace do encontro para os derradeiros segundos. O caselas tivo a oportunidade de empatar o partido cunha tripla que non entrou e a victoria quedou en Cangas.

A pesares da derrota, as xogadoras deben estar moi contentas coa progresión do equipo e deben continuar nesta liña. Noraboa polo esforzo rapazas!

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 48 – 68 PBB A

Primeira xornada da liga regular para o noso infantil masculino Hermanos Núñez na que, salvo no primeiro periodo, competimos ben perante un equipo que descendeu de Liga Galega para xogar esta segunda fase da tempada. Bo esforzo rapaces!

MINI MASCULINO

PBB B 66 – 26 C.B.CASELAS

Partido duro para o mini masculino, no que os rapaces competiron ben e continúan mellorando!

PREMINI MIXTO

C.B.CASELAS 41 – 8 C.B.REDONDELA 2015

Continúa a boa racha do noso premini mixto, que logrou a terceira victoria consecutiva, mostrando a súa melloría. Noraboa e a seguir divertíndose!

VIAXE A OURENSE

Unha tempada máis o C.B.Caselas desprazouse a Ourense para visitar aos nosos amig@s do COB Ourense Baloncesto.

Nesta ocasión, unha expedición cerca de 50 persoas entre xogador@s, familias, soci@s e directiva viaxaron en autobús para ver o partido de Liga LEB OURO entre os locais e o Menorca Baloncesto, con victoria para os visitantes nun partido moi igualado e entretido.

Moitas grazas ao COB Ourense Baloncesto por facernos sentir como en casa e ánimo co final de tempada! Voltaremos!

QUENTANDO MOTORES PARA A TERCEIRA EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN DO C.B.CASELAS!!!

Qúe ben o pasamos no II CAMPUS DE VERÁN DO Club Baloncesto CaselasLemmar Granite, S.L.⛹️‍♀️🏀⛹️

Levamos traballando dende o día seguinte da súa clausura para ofrecer á familia do Caselas a mellor edición do campus🏀🥰💪

Próximamente anunciaremos as datas e a primeira información do noso III CAMPUS DE VERÁN que celebraremos no mes de xuño de 2024❗️

Permanecede atent@s 👀


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?