Chegaba a cita histórica para o noso Cadete Masculino Balidea: por primeira vez no C.B.Caselas xogamos a final do ascenso a Liga Galega tras gañar a Final Four a pasada fin de semana. Agardaba o campión da delegación de Arousa: o Estudiantes de Pontevedra.
Os rapaces afrontaron a eliminatoria cunha mestura de ilusión e nerviosismo, sendo conscientes de que tocaban dous partidos moi duros.
Partido de IDA:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA 89 – 44 C.B.CASELAS BALIDEA
No primeiro partido xogado no IES Xunqueira 1 de Pontevedra, os locais foron moi superiores aos nosos. Saímos ben no primeiro periodo, pero o ritmo imposto polo Estudiantes e o seu xogo colectivo e de calidade, desarbolou aos nosos.
Iso sí, os rapaces do Caselas o intentaron e puxeron todo o que tiñan dentro, e o desacerto nos tiros libres fixo que o resultado fora máis abultado do que merecían.
Tocaba descansar e repoñer forzas para xogar a volta ao día seguinte na nosa casa.
Partido de VOLTA
C.B.CASELAS BALIDEA 36 – 77 ESTUDIANTES PONTEVEDRA
Coa eliminatoria decidida, o obxectivo do equipo estaba claro: mellorar respecto ao día anterior e desfrutar deste gran logro.
A afección do Caselas non fallou, e asistíu en gran número para animar, apoiar e rendir unha merecida homenaxe ao equipo. En xeral, xogamos mellor que no partido de ida, pero a superioridade do rival foi un feito en ambos os dous choques.
Noraboa ao Estudiantes de Pontevedra e sorte na súa andadura na competicón autonómica.
Vaia dúas semanas intensas de baloncesto…e qué tremendo orgullo para o C.B.Caselas ter unha xeración coma esta, con moitos dos rapaces formados no clube dende categoría baby.
Tedes que estar moi contentos polo logrado e sobre todo pola maneira de facelo: con compañeirismo, compromiso e un gran baloncesto. Unha vez chegados aquí, xa comprobamos de primeira man o nivel que existe nas Ligas Galegas. Aprendamos desta experiencia e traballemos para tentar chegar ao seguinte nivel, sen desviarnos do verdaremente importante: continuar desfrutando de maneira sana do baloncesto e sen obsesionarnos cos resultados.
Afrontamos a segunda parte da tempada con gran ilusión e motivación.
GRAZAS RAPACES!!!
SENIOR FEMININO
C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 50 – 56 IGUALDADE CAMBADOS
Parciais: 15 – 10 / 11 – 20 / 14 – 9 / 10 – 17
Anotadoras: Tamara 19; Alejandra 13; Cris 8; Elena 6; Irene 4; Raquel; Iria; Lucía; Saray; Laura.
Unha mágoa a derrota do noso senior feminino LR Natural Granite, despois do bo partido que xogaron o pasado sábado perante o equipo do Igualdade Cambados.
O Caselas levou a cabo como nos ten acostumad@s ultimamente un gran inicio de partido, cunha defensa intensa e xogando un baloncesto rápido como lle gusta ao equipo.
Pero o a falta de intensidade e concentración no rebote defensivo permitíu ás visitantes meterse no partido, a pesares de que as sensacións eran mellores para o Caselas, chegando ao descanso cun igualado 26 – 30 para Cambados.
A segunda parte foi moi intensa e apretada. A defensa zonal plantexada polas visitantes atascou o ataque do Caselas (aspecto a mellorar moito xunto co rebote defensivo); igualmente, o partido decidíuse nos derradeiros segundos e puido gañar calquera.
No momento, unha derrota así doe; pero as nosas senior deben estar contentas pola mellora (na ida perdimos 51 – 32 contra este equipo). Toca aprender dos erros cometidos e continuar a mellorar cada día. Próxima parada: Vilagarcía de Arousa.
SENIOR MASCULINO
C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 43 – 52 PBB C
Parciais: 8 – 15 / 20 – 15 / 5 – 7 / 10 – 15
Anotadores: Xur 8; Alex 7; Rober 6; Iván 5; Eloy 5; Jose 4; Jorge 3; Héctor 3; Manuel 2.
Non foi o mellor partido por parte do senior masculino, mais os de Martín demostraron o bo traballo que se está a realizar, xa que nun día frouxo e con moitas baixas competiron ben ata os derradeiros instantes.
Un bo terceiro cuarto aupou ao Caselas no marcador, pero os erros nos tiros libres e malos balances defensivos decantaron a victoria a favor do Porriño Baloncesto Base.
A próxima xornada recibiremos a visita do potente equipo do Puerto de Vigo.
INFANTIL MASCULINO
C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 35 – 56 C.B.BAIONA ROJO
Partido no que os nosos infas continuaron coa súa mellora ofensiva. A pesares de facer un frouxo primeiro periodo, o Caselas reaccionou e competíu ben durante os tres cuartos restantes. Continuemos traballando!
MINI FEMININO
C.B.BAIONA 34 – 23 C.B.CASELAS
Bo partido das rapazas do mini. O encontro estivo moi igualado en todo momento e decidíuse no derradeiro periodo a favor de Baiona.
MINI MASCULINO
DEFENSORES DO MORRAZO 63 – 34 C.B.CASELAS
O mini visitou Moaña o sábado pola mañá e xogou un partido de moito ritmo no que os locais levaronse a victoria claramente.
PREMINI MIXTO
APÓSTOL AZUL 15 – 28 C.B.CASELAS
Nova victoria do premini mixto perante o Apóstol Azul. @s rapaz@s continúan a mellorar e seguen divertíndose a esgalla!
GAÑADORAS SORTEO GOMI ARAGONTA
Noraboa ás 3 gañadoras das tartas de gominolas cortesía do noso colaborador GOMI ARAGONTA!
Graciñas coma sempre pola vosa axuda!
Lembramos que xa está aberto o formulario de inscricións para a viaxe a Ourense o próximo sábado 3 de febreiro para ver o partido de Liga LEB COB Ourense – Menorca.
https://forms.gle/2D6RJGU9bvacnHuV7
Animádevos!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments