O pasado sábado 9 de decembro ás 19:00h xogador@s, adestrador@s e familias do C.B.Caselas poidemos desfrutar dun auténtico partidazo de baloncesto feminino de 1ª División no pavillón de Navia. O Celta recibía a visita dun dos equipos máis potentes da competición, terceiro clasificado da liga, o UNI Girona.

As locais fixeron un gran partido, competindo en todo momento. Co nivel mostrado polas viguesas, estamos segur@s que lograrán o obxectivo da permanencia neste retorno á máxima categoría do baloncesto feminino nacional.

Grazas ao Celta Baloncesto Feminino polo trato que sempre nos dan e á súa capitana Sara Vidal por colaborar co Campus C.B.Caselas e estar sempre disposta a axudar en todo o que lle pedimos!

Da gusto ver como o deporte feminino xunta a tanta xente nun pavillón!

Agardamos voltar pronto!

Permanecede atent@os á sección de eventos da nosa web. O C.B.Caselas NON PARA!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Novas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?