Esta pasada fin de semana os nosos equipos cadete masculino e junior feminino uníronse á renovación das equipaxes que xa iniciamos co senior o pasado mes de novembro.
VIVE vestirá aos xogadores e xogadoras do Caselas a partir de agora. Este cambio é debido á satisfacción por parte do clube polo traballo realizado por esta marca na creación da roupa do noso primeiro campus.
Trátase de equipaxes con camiseta reversible, e personalizados co nome de cada xogador/a.
Pouco a pouco iremos renovando as equipaxes de todas as categorías!!!
Queremos agradecer especialmente a todas as familias, nais e pais, pola vosa colaboración e disposición á hora de apoiar todas as iniciativas e proxectos do noso clube. Sen a vosa axuda, nada sería posible.
Agora, a voar na pista coas novas equipaxes!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments