Esta fin de semana o Caselas so xogou un partido adiantado da categoría infantil masculina. Era domingo de carnaval e custou sair cara a Vigo para asistir o partido, pero aseguramos que mereceu a pena.

Os nosos rapaces xogaban perante o Salesianos A que nesse intre ocupaban a terceira praza da táboa custo encina do Caselas. Os rapaces arrincaron forte tomando vantaxa no marcador aínda o Salesianos reaccionou rematando o primeiro cuarto 3 puntas arriba para os de Caselas.

O segundo cuarto os Salesianos apretaron obtendo un parcial de 24 a 13, máis no terceiro os nosos déronlle a volta cun parcial de 9 a 24 co que estábamos 7 puntos arriba.

O derradeiro cuarto tiña pinta de ser mol intenso. Varios dos nosos sumaban xa 4 faltas o os contrarios seguían cun bo ritmo, logrando empatar o porse diante no marcador de xeito a 10 segundos do final perdíamos por 1 punto, xa con 3 dos nosos expulsados por acumulación de faltas. Tras dous tempos mortos consecutivos, xogada ensaida e canasta que nos puña 1 arriba a falta de 3 segundos. O Salesianos tentou dar a réplica mais erraron cun tiro de triple finalizando partido con victoria dos do Caselas.

Gracias aos pais e nais presentes podemos desfrutar deste intre gañador.

Tremenda a alegría dos rapaces e da afección. O mellor de todo o gran traballo en equipo, imprescindible, todos e cada un sumaron para o equipo con canastas, defensa e todo esforzo e ilusión de tiñan dentro.

Noraboa rapaces!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?