Este pasado domingo 31 de outubro, o Senior Masculino do C.B.Caselas, patrocinado por Hermanos Núñez, xogou o primeiro partido de liga contra o equipo vigués San José Sauces, voltando desta maneira á competición oficial dende o mes de marzo de 2020, que se dí pronto.
Deportivamente, esta volta foi dura, cun marcador final de 36 – 70 a favor do equipo visitante. Aínda que os xogadores e o novo adestrador do equipo Martín Pérez Lago quedaron, como é lóxico, decepcionados polo resultado, pensamos que esto acaba de comezar, os xogadores se están coñecendo e acoplando, e a inactividade competitiva nótase neste inicio de tempada.
Entramos nunha nova etapa, con moitas novidades na plantilla, o cal require un proceso de adaptación e estamos seguros de que o Senior mellorará e competirá a tope máis pronto que tarde.
Socialmente, foi unha tarde esperanzadora. Había moitas ganas de recuperar as boas costumes, como é acudir a ver baloncesto ao pavillón municipal cada fin de semana e a pesares das inclemencias do tempo, aproximadamente un centenar de persoas acudiron a animar aos nosos.
Estade atent@s, nesta fin de semana Salceda será baloncesto, co debut do Junior Masculino, o Infantil Feminino e o Infantil Masculino. Ademáis, as nosas juniors xogarán o derbi comarcal contra o Baloncesto Condado.
ARRIBA CASELAS!!!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments