Despois dun curso no que tomamos a difícil decisión de non competir con ningunha categoría, chegabamos ao mes de xuño cun calendario repleto de partidos e torneos amistosos e coa nosa clásica Liga dos Insectos, que voltaba dous anos despois tras o parón pola pandemia, acompañada este ano coa súa nova irmá maior a Liga dos Dinosaurios.

O mes comezaba con dúas xornadas de portas abertas moi positivas, nas que numeros@s rapaces e rapazas probaron a adestrar con nós, sendo o único acto de promoción que fixemos durante esta tempada. Agardamos que tod@s o pasaran xenial e quizáis se apunten a baloncesto para o curso 2021-22.

Mini A C.B.Caselas en Tui

Cada fin de semana do mes, todas as categorías xogaron partidos e torneos amistosos no Pavillón de Salceda e fora de casa, contra equipos como C.B.Redondela, C.B.Tui, Fontiñas de Santiago, C.B.Cluny Vigo, C.B.Baiona ou Salesianos Vigo. Todos os encontros tiveron un ambiente de deportividade espectacular e felicitamos a todos os equipos rivais polo seu nivel e comportamento.

Torneo Infantil Mixto, celebrado no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas, no que participaron o C.B.Caselas, o C.B.Redondela e o Fontiñas santiagués:

Un dos pratos fortes foron as dúas ligas internas do C.B.Caselas, nas que participaron tod@s @s xogador@s do club. Foron cinco apaixoantes xornadas repletas de puro baloncesto e convivencia, cun compromiso e paixón enorme por parte de tod@s @s nos@s canteranos.

A Liga dos Insectos (Baby, Premini, Mini e Infantil):

A Liga dos Dinosaurios (Cadete e Junior):

Estas ligas foron tamén, como é habitual, unha actividade na que a formación de adestrador@s e árbitros estivo moi presente. Por unha banda e por segunda vez neste curso, un alumno do Ciclo de Adestrador de Baloncesto do IES Bouza Brey de Vilagarcía estivo facendo prácticas con nós.

Por outra, xogador@s cadetes e juniors foron @s adestrador@s na Liga dos Insectos, xogadores senior adestraron na Liga dos Dinosaurios e @s xogador@s que lles interesa a arbitraxe pitaron partidos en ambas ligas. Ademais de xogar ben ao baloncesto, apuntan maneiras dende o banquillo e co silbato!!! Alégranos moito ver este compromiso e convivencia entre todas as categorías do club durante estas competicións!

Sen dúbida, a tempada 2020-21 estivo cargada de dificultades e atrancos por mor da crise sanitaria. A decisión de non xogar competición oficial foi dura de tomar a nivel deportivo. Fixémolo sempre dende o respecto polos que optaron por competir, pero convencid@s de que era a opción máis responsable ante a situación que estabamos a vivir. Facendo balance da tempada, pensamos que foi unha decisión acertada. Rematamos coa sensación de que a unión e cohesión entre xogador@s, adestrador@s, directiva e familias segue a medrar. Grazas ao esforzo de tod@s, en especial d@s nos@s xogador@s que nos guiaron co seu esforzo, entusiasmo, compromiso e ganas de aprender a pesares de non xogar partidos, conseguimos manter a chispa do baloncesto moi viva no pobo de Salceda.

Botamos o peche por vacacións un tempiño e agardámosvos a tod@s a finais de agosto para comezar a que será a tempada do 30 Aniversario do C.B.Caselas, na que voltaremos á competición e que virá cargada de sorpresas!

FELIZ VERÁN !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Novas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?