Informamos que tras a comparecencia no día de onte do conselleiro de sanidade e a publicación no DOG das novas restriccións para toda Galicia, lamentamos ter que comunicar a PARALIZACIÓN DOS ADESTRAMENTOS ata novo aviso.

É unha noticia triste, pero dende o club somos positivos e pensamos que se este parón (que agardamos que sexa o máis curto pos) axuda a mellorar a situación xeral, benvido sexa.

O aproveitaremos para seguir dándolle voltas de cómo mellorar e evolucionar para cando reanudemos a actividade estar preparados para ofrecer o mellor @s vos@s fillos e que sigan adestrando da maneira máis divertida, eficaz e segura posible.

Ata ao de agora estamos moi contentos de cómo van as cousas e da actitude e implicación tanto d@s rapaz@s como das familias e agardamos seguir así. Igualmente creemos que fixemos a correcto o non participar en competicións.

Millóns de grazas a tod@s vos pola a vosa confianza e apoio. É todo para nós.

Moito ánimo e a coidarse!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Novas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?