Tes escrita xa a carta para Os Reis Magos? Non sabes qué agasallo facer?
Dende o C.B.Caselas facémosvos unha recomendación: o audiolibro máis baloncestístico e rockeiro dende Galicia ata o espacio exterior!
A Banda dos Insectos – Pasando a Bola (Guindastre Edicións)
Trátase dunha novela xuvenil (lectura recomendada de 8 a 14 anos) que conta a historia dun equipo de baloncesto moi especial.
A música da Banda dos Insectos e as ilustracións de Iago Araujo acompañan unha historia escrita por Celtia Figueiras chea de Baloncesto, Rock en galego e contido transversal (traballo en equipo, igualdade, racismo, acoso escolar ) contada a través da mirada d@s xogador@s do C.B.Carrasquiña, cuxa traxectoria muda por completo coa chegada dun misterioso adestrador.
O noso coordinador Adrián Salgado é o autor da idea orixinal do libro, o compositor da música e o asesor de linguaxe baloncestístico da obra. O C.B.Caselas é colaborou na edición e publicación do libro.
MERCA AQUÍ!
WhatsApp: 661418190(Adrián) / E-Mail: abandadosinsectos@gmail.com
Para recoller no Pavillón
Web: https://guindastre.gal/product/pasando-a-bola/
Envío a domicilio
PVP: 12€
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments