Estamos no Nadal, época de morriña e propicia para botar a vista atrás, e nesta tempada na que o C.B.Caselas cumpre 30 anos, queremos lembrar a equipos que, por distintos motivos, marcaron un antes e un despois na historia do noso club.
Nesta primeira publicación, queremos falar dun dos equipos máis queridos e recordados da última década no C.B.Caselas: o grupo feminino que rematou a súa andadura na tempada 2018-19.
Xogadoras únicas, que foron un auténtico exemplo a seguir para toda a canteira polo seu talento, capacidade de esforzo e traballo, así como polo seu comportamento e compromiso co baloncesto. Moitas delas completaron a súa etapa no club dende a categoría baby ou benxamín ata junior. Algunhas formaron parte das categorías inferiores do Caselas dende os 6 anos ata os 17, que se di pronto!
Lamentablemente, por motivos loxísticos, o club non puido ofrecerlles a posibilidade de formar un senior feminino, un obxectivo ante o cal non tiramos a toalla: traballaremos para xuntar a esta xeración co grupo feminino actual na categoría senior. É un soño para o C.B.Caselas!
Poderiamos falar largo e tendido sobre elas. Sobre os seus logros, sobre as millóns de anécdotas, partidos, torneos, adestramentos ou experiencias que vivimos con este grupo único…pero o mellor é que miredes estes videos, que falan por sí sós!
DOCUMENTAL ao máis puro estilo INFORME ROBINSON relizado e producido polo C.B.CASELAS coa a axuda da produtora SIETE GATOS BLANCOS
HIGHLIGHTS (mellores xogadas) JUNIOR FEMININO C.B.CASELAS Tempada 2018-19:
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments