O pasado sábado celebramos o último evento da tempada, o Torneo Junior Internacional o que acudiron invitados o B.C. Valença e o B.C. Gaia.
O torneo serviunos de escusa para “celebralo” fin dunha excepcional xeración de xogadoras do C.B. Caselas. O final dunha xeración porque as nosas Junior rematan a súa historia, agardamos que momentáneamente, no noso club.
Parte delas xa serán Senior na próxima tempaca e o mesmo tempo adéntranse nunha axitada e emocionante época de cambios, universidades e novas ilusións.
Como moitos saberedes o sábado pola tarde lles dedicamos unha sentida homenaxe na que intentamos devolverlles parte de todo o que nos deixaron neste anos. Todo o noso orgullo, os grandes momentos que nos regalaron, o gran exemplo que lles deron o máis pequenos,… anos de dedicación concentrados nun ratiño.
Máis de un soltou unha lagrimiña co xenial documental que Adrián e Xan prepararon o máis puro estilo “Informe Robinson” :), e que nos próximos días estará dispoñible nas nosas redes para que o poidades desfrutar.
Grazas por todo o que nos regalastes, agardamos tervos correspondido. Sempre seredes un referente no Caselas.
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments