O noso Junior Femenino xogou o pasado sábado 23/febreiro un gran partido contra Salesianos, acadando a segunda victoria consecutiva en liga por 46-37.

Pero no C.B.CASELAS o máis importante non son os resultados,senon as boas persoas que pasan polo noso clube, que deixan unha pegada imborrable en companeir@s, adestrador@s e directiva.

Este é o caso de Cristina Magdalena Pereira, que formou parte do clube en categoría Mini e infantil e que agora xoga no equipo Junior do Salesianos.

Traballadora a máis non poder e con moito talento para o baloncesto, Cristina sempre estaba de bo humor e disposta a aprender en cada momento.

Sempre é un pracer reencontrarse con ela nas pistas (tamén coa súa nai e o seu pai!!). Sempre formarás parte da familia do Caselas!!!

Sorte no que queda de tempada!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Novas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?