O pasado sábado deixounos o noso compañeiro na directiva e amigo Manolo “Sanfer”, deixando una ferida irreparable no Club Baloncesto Caselas e nos nosos corazóns.
Un bo home, discreto e traballador que adicou 17 anos o Baloncesto Caselas, 14 deles coma secretario. Sempre disposto a mellorar, debatir e a botar unha man.
Non saen as palabras nestes momentos, para honralo e recoñecer todo o seu traballo en prol do deporte de Salceda.
Sabede que o noso club sempre estará en débeda con el. Deixounos un gran home.
Todo o noso cariño para a súa familia, todo o noso cariño para Mari.
Gracias por todo Manolo, nunca te esqueceremos.
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments