Se o C.B. CASELAS xogase na NBA, habería que retirar o teu número e colgar a túa camiseta do alto do pavillón.
En primeiro lugar, polo teu palmarés co C.B. CASELAS (2 campionatos de copa consecutivos nas tempadas 2014-15 e 2015-16 e a consecución do Playoff de Salvación na tempada 2015-16).
E, en segundo lugar, e o verdadeiro motivo polo que mereces ser historia viva do CASELAS, polo COMPROMISO total co noso club e o espectacular COMPORTAMENTO que tiveches todos estes anos con nos.
Formado como xogador na canteira do noso club veciño de Porriño, Jito encarna tódolos valores que o C.B. CASELAS quere representar e transmitir á nosa base.
Persoalmente, tiven a sorte de coñecerte como compañeiro de equipo e tamén como adestrador, e podo afirmar sen temor a trabucarme que coñecín a poucos coma tí en ambas situacións nos 24 anos que levo metido no mundo do baloncesto. Sempre comprometido, disposto a axudar tanto dentro da pista como fora dela, eres o compañeiro que todo xogador quere ter e o xogador co que todo adestrador quere ter ás súas ordes.
Agradézoche sinceramente o apoio que sempre me bríndache e o respeto que mostrache ante as miñas decisións, tentando facer sempre bo ambiente no equipo, algo impagable nun equipo senior.
Dame 12 JITOS para un equipo de baloncesto! (bueno, 9 Jitos, un tirador, un base e un pivot dominante) 🙂
Tes que saber Jito, e creo que o sabes perfectamente, que as portas do C.B. CASELAS estarán sempre abertas para a túa volta, sexa como xogador, directivo ou adestrador de TIRO!
Dende o club desexámoste que che vaia xenial na túa nova vida en Granada! Botarémoste de menos!
Adrián Salgado Fernández
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments