CB.CASELAS 60  SEIS DO NADAL COIA 53

O CB.Caselas senior masculino acadou un brillante ascenso a Terceira División A Autonómica logo de vencer ao Seis do Nadal nun pavillón de Salceda volcado co noso equipo.

Ambos equipos, xa ascendidos, xogabanse a honra de ser campións desta fase, o que finalmente lograron os de Salceda.

No medio dun ambiente espectacular e unha bancada chea de público, os dous equipos ofreceron un baloncesto bonito, intenso e físico, con moito contacto e un ritmo de xogo altísimo por ocasións.

A igualdade era a tónica e nadie conseguía despegarse no electrónico: 11-12 no primeiro cuarto e 21-24 ao descanso.

Na segunda metade, os de Adrián Salgado, empurrados por un público que non paraba de animar, levaron o ritmo do partido, con accións rápidas e maior porcentaxe no tiro. Pero o 39-38 deixaba o suspense para o cuarto final.

No cuarto periodo, o Caselas xogou os seus mellores minutos perante un gran rival, cun gran xogo de equipo e totalmente volcados no ataque como reflexan os 21 puntos anotados neste cuarto que sentenciaron o partido perante a ledicia da bancada.

Felicitar ao Seis do Nadal de Coia polo seu ascenso e subcampionato.

CB.CASELAS (60):  Jano Durán 9, Jose Castro, Darío Álvarez 23, Roberto Álvarez, David Ledo 15. QUINTETO. Xur Jorreto 3, Jorge Domínguez 2, Roberto Temporao 2, Toni Machado 3, Freddy 3 e Nico Cereceto. Non xogou Sergio Alonso.

SEIS DO NADAL COIA (53): Alberto Román 3, Rubén Fervenza 7, Julián Álvarez 5, Daniel Rodríguez 4, Jorge Juan 2. QUINTETO. Esteban López 2, Miguel Alonso, Andrés Álvarez 11, Guillermo Rodríguez 12, Mario Álvarez 3, Adrián Covelo 2 e Sergio Domínguez.

PARCIAIS: 11-12 / 10-12 / 18-14 / 21-15.

INCIDENCIAS: Grandísima entrada na tarde de domingo electoral no Pavillón de Salceda. Máis de 250 espectadores volcados co Caselas. No inicio do partido o noso equipo Junior Feminino recibiu unha calurosa homenaxe pola súa traxectoria nas EDM.Salceda e no clube dende pequeniñas e que este ano rematan ao chegar a categoría senior moitas delas.

Agradecementos

Ao noso público, correcto, animoso e fiel. Sempre co equipo cando se necesita. SENSACIONAIS!!!

Ao patrocinador do equipo senior HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L., unha empresa do pobo apoiando dende sempre.

E como non, este ascenso vai adicado ao noso ex-secretario MANOLO SANFER (d.e.p.). Unha persoa que traballou preto de media vida polo baloncesto salcedense e que sempre estará presente nos acontecementos deste clube.

Agora a Copa Primavera

Xa sen tempo para celebracións, o vindeiro fin de semana 4-5 de maio, o equipo iniciará a participación na Copa Primavera, onde quedou encadrado no Grupo B xunto a Mos, Redondela, Ureca Baiona e Illas Cíes. Logo de xogar todos contra todos a unha volta (4 partidos), o campeóns dos Grupos A e B xogarán a final. Este é o calendario:

— 4-5 maio: MOS – CASELAS
— 11-12 maio: CASELAS – URECA BAIONA
— 25-26 maio: REDONDELA – CASELAS
— 8-9 xuño: CASELAS – ILLAS CIES

CATEGORÍAS BASE:

Destacar a victoria do Premini A de Adrián perante García Barbón na fase polo título, e das Infantiles de Darío e Xan perante o Celta Rojo.

Infantil Masc: CASELAS 35 SEIS DO NADAL 33
Infantil Fem: CASELAS 43 R.C.CELTA ROJO 37
Mini Mixto: BAIONA 44 CASELAS 34
Premini A: GARCÍA BARBÓN 23 CASELAS A 34
Premini B: ENSEÑANZA 37 CASELAS B 25


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Cronicas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?