Partido moi duro e disputado nunha cancha moi difícil na que o C.B. Caselas sacou unha victoria traballada e merecida.
A saída ao primeiro cuarto foi boísima, sobre todo en defensa, deixando en só 7 puntos aos de Redondela. Aínda así, o segundo cuarto foi malo e nos fomos con tan só 2 puntos arriba aos vestiarios: 21-23, cun ritmo de anotación baixo ao que non estamos acostumados.
O terceiro cuarto fíxose longo polas constantes faltas locais, deixando un marcador totalmente aberto: 40-39.
No periodo final, os de Adrián Salgado chegaron a poñerse 6 puntos arriba, pero un elocuente parcial de 9-0 favorable ao Choco a falla de 3 minutos, nos complicou moito a vida. Pero os de Salceda mostraron gran carácter, esforzo e compromiso dos xogadores para voltear o marcador e sacar adiante un partido xogado a ritmo lento (que non nos interesa). Encantados coa actitude do equipo!!!
Despois desta quinta xornada, o Caselas é líder invicto da liga, empatado co Seis do Nadal Coia.
O próximo fin de semana recibimos en Salceda a un inédito Basket Club de Gaia (Portugal), que curiosamente participa nesta 3ªDivisión B galega.
CB.CASELAS (57): Xur 5, Nico 5, Jose, David Ledo 4, Toni 6. QUINTETO. Darío 13, Jano 21, Sergio 3, Jorge, Fredi, Rober Temporao e Rober Alvarez (non xogou por indisposición).
Parciais: 7-13 / 14-10 / 19-16 / 11-18.
Incidencias: Partido xogado no Pavillón do IES. Mendiño de Redondela na tarde noite de domingo.
CATEGORÍAS BASE:
Toda a base xogou no pavillón de Salceda, con moitísimo ambiente nas bancadas. Pese a non ser unha boa xornada en canto a resultados, os equipos competiron moi ben.
Junior Fem: CASELAS 36 NIGRÁN 47
Infantil Masc: CASELAS 27 DEFENSORES MORRAZO 43
Mini Mixto: CASELAS 55 COMPAÑÍA DE MARÍA 58
Premini A: CASELAS “A” 61 GARCÍA BARBÓN 31
Premini B: CASELAS “B” 16 DEFENSORES MORRAZO 66
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments