Non poido ser e o C.B. Caselas terá que dalo todo para ascender na última xornada de liga na casa o 27-28 de abril.
Os nosos xogadores o intentaron e en ataque fixemos boas xogadas, pero fallamos na definición. Por contra, non conseguimos correr contraataque, un dos obxectivos neste partido.
O Choco fixo valer as súas mellores armas: o rebote ofensivo e os cortes por liña de fondo e dende o lado débil, e estiveron máis acertados que nós, sobre todo no segundo cuarto, con 19-5 para os de Redondela; único cuarto cun resultado amplo en contra.
Co 31-18 ao descanso, os locais abriron unha brecha que foi insalvable para os de Adrián Salgado. E non por que non o intentaran; se non por que o Choco estivo máis acertado e fino, con varias triplas en momentos nos que os de Salceda apretaban.
Tiñamos moitas ilusións postas neste partido, pero non poido ser. As opcións seguen intactas e as contas antes deste play off eran claras: con 4 victorias, ascendemos. Levamos tres.
Imos a dalo absolutamente todo para poñer a guinda a esta gran temporada diante da nosa xente. Por certo, o público, capítulo aparte. Preto de medio centenar de afecionados desprazados a Redondela nunha tarde de sábado de chuvia e frío. E unha vez máis, SENSACIONAIS.
CB.CASELAS (49): Nico 1, Darío 13, Jano 18, Sergio 1, Toni. QUINTETO. Jorge, Jose 2, Fredi 1, David Ledo 6, Rober Alvarez, Rober Temporao e Xur 7.
Parciais: 12-13 / 19-5 / 16-18 / 15-13.
Incidencias: Pavillón do IES.Mendiño de Redondela. Boa entrada, con gran maioría de afecionados de Salceda, que en cifra de preto de medio centenar, animaron coma sempre. Grazas!!
CATEGORÍAS BASE:
Imitando aos Senior, dous equipos do clube e E.D.M. Salceda están loitando no play off polo título de liga. E os dous acadaron a victoria.
O Premini A de Adrián comezaba a fase cunha victoria de infarto no CUVI perante Defensores do Morrazo de Cangas por 39-40, con dous tiros libres de Álex a falla de 11 segundos que nos deron o triunfo.
O Mini de Manolo lograba na segunda xornada a victoria en Salceda perante un combativo Compañía de María Vigo por 54-42.
Mención especial para o Junior Feminino, que remata a liga e unha magnífica etapa baloncestística de formación, xa que varias xogadoras serán Senior a vindeira temporada. Unha xeración de boas deportistas e mellores persoas, con mil e unha historias que dificilmente esquecerán.
Resultados:
Junior Fem: BAIONA 58 CASELAS 40
Infantil Fem: SEIS DO NADAL COIA 29 CASELAS 58
Infantil Masc: REDONDELA 36 CASELAS 39
Mini: CASELAS 54 COMPAÑÍA DE MARÍA 42
Premini A: DEFENSORES DO MORRAZO 39 CASELAS A 40
Premini B: SALESIANOS VIGO 40 CASELAS B 19
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments