Encontro dunha gran tensión e esforzo defensivo por parte de ambos equipos. Os xogadores de Adrián Salgado o deron todo perante un equipo duro e con oficio, apoiados por unha increible afición.
Pero simplemente ao Caselas non lle entrou nada. Tres triplas en todo o partido (arma habitual e importante no noso xogo) e tiros de campo que unha e outra vez eran rexeitados polo aro. En moitos ataques non xogamos con cabeza e cando o fixemos, non metiamos. Con todo, os de Redondela se mantiñan con curtas ventaxas que os nosos non conseguían abortar pese ao esforzo ata o pitido final.
Esta derrota non se pode achacar a falla de compromiso ou esforzo do equipo. Toca aprender, ter claro que as opcións de ascenso aínda están intactas, e que nos sirva para o seguinte partido contra o Seis do Nadal en Coia. Confianza!!
CB.CASELAS (34): Jorge, Darío 4, Jano 15, Toni, Rober Alvarez. QUINTETO. David Ledo 8, Xur 6, Rober Temporao 1, Fredi, Jose e Sergio. Causou baixa por motivos laborais Nico.
Parciais: 9-10 / 10-11 / 7-15 / 8-2.
Incidencias: Unha vez máis o público volveu a responder e máis de cen espectadores estiveron totalmente vocaldos cos de Salceda. Asistiu o patrocinador Carlos Núñez, de HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L.
Grazas a todos.
CATEGORÍAS BASE:
Destacar unha nova victoria dun Junior Feminino en clara liña ascendente. As de Adrián e Xan, no seu longo desprazamento a Monforte de Lemos, venceron por 19-51.
O Mini de Manolo (pese a perder en Baiona) rematou a primeira fase clasificándose para a liguilla polo título, que xogarán -a igual que o senior- os catro primeiros clasificados.
Os resultados foron:
Junior Fem: VAL DE LEMOS 19 CASELAS 51
Infantil Fem: MIRALBA 38 CASELAS 27
Mini: BAIONA 47 CASELAS 42
Premini A: NOVOBASKET 18 CASELAS A 68
Premini B: PORRIÑO 58 CASELAS B 15
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments