Se hai unha semana lograbamos en Ponteareas a máxima anotación da temporada nun partido -86 puntos-, o pasado sábado faciamos o contrario, alcanzando os 44 puntos no partido co Choco de Redondela.
O CB.Caselas non estivo a altura dun esixente rival, que levou o mando no xogo e no marcador durante todo o encontro.
Os de Salceda estiveron moi desacertados de cara a canasta, con accións precipitadas e individuais e unha dura defensa do rival.
Durante a primeira metade voltamos a estar despistados en defensa, con segundas e terceiras opcións para os de Redondela. Con todo, o marcador se iba ao descanso cun 21-36.
Na segunda metade, empurrados por un sensacional público, os de Adrián Salgado reaccionaron chegando a baixar da barreira dos 10 puntos. O equipo loitaba e a remontada parecía canto menos, posible. Pero unha vez máis a precipitación e as baixas porcentaxes no lanzamento, unido ao serio partido do Choco, remataron coas escasas esperanzas.
O vindeiro fin de semana haberá parón na liga. E logo dous partidos seguidos en Salceda (Gaia e Seis Nadal) para pechar a primeira fase da liga.
Non quería rematar estar crónica sen agradecer o apoio do público, con cada vez máis afecionados que se achegan ao pavillón apoiando e animando incondicionalmente ao Caselas. GRAZAS!!
CB.CASELAS (44): Xur 1, Jano 10, Jose, Rober Alvarez 1, Toni 4. QUINTETO. Darío 16, Jorge, Rober Del Amparo, David Ledo 12, Fredi e Nico.
Parciais: 8-12 / 13-24 / 13-9 / 10-10.
Incidencias: Antepenúltima xornada da primeira fase de Liga xogada no Pavillón de Salceda, cun centenar de afecionados volcados co equipo.
CATEGORÍAS BASE:
Junior Fem: CAMPUS OURENSE BLANCO AMOR 64 CASELAS 36
Infantil Fem: CELTA 61 CASELAS 31
Infantil Masc: PORRIÑO C 10 CASELAS 41
Mini Mixto: COMPAÑÍA DE MARÍA 23 CASELAS 38
Premini A: CASELAS A 64 REDONDELA 33
Premini B: CASELAS B 40 SEIS DO NADAL 64
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments