Debut exitoso do CB.Caselas nesta liguilla de ascenso. Os de Adrián Salgado saíron moi motivados acadando pequenas rentas no primeiro cuarto, que rematou con 14-10.
A partir de ahí, os nosos dominaron con velocidade e contrataque para abrir brecha de cara ao descanso: 28-14. O partido estaba a ser entretido, con dous equipos que se esforzaban por cada balón, pese a non estar moi atinados de cara a canastra.
No terceiro cuarto viñeron os mellores minutos. Gran traballo de todos para case sentenciar: 52-27.
O periodo final foi moi tranquilo, con minutos para todos os xogadores locais perante un Rías Baixas que a pesar da derrota, nunca baixou os brazos.
Segue o CB.Caselas a ser unha auténtica piña. Cada un dos 12 xogadores aporta cousas, sen egoísmos. E o público, outra vez sensacional. Nin a coincidencia cos desfiles de entroido en Salceda foron impedimento para que moitísima xente se acercase ao pavillón animando incansablemente. Grazas!!
O vindeiro fin de semana voltamos a xogar en casa contra o Choco de Redondela. Alí estaremos!!!
CB.CASELAS (61): Xur 4, Darío 27, Jorge, Rober Alvarez 2, Toni 2. QUINTETO. Jano 8, Jose 3, Sergio 3, David Ledo 2, Fredi 6, Rober Temporao 4 e Nico.
Parciais: 14-10 / 14-4 / 24-13 / 9-9.
Incidencias: Cen afecionados no pavillón de Salceda volcados co Caselas. O equipo foi despedido cunha ovación.
CATEGORÍAS BASE:
Tan só dous partidos nesta xornada e curiosamente con doble derbi Infantil Masculino e Mini Mixto contra os veciños do Condado de Ponteareas. Nos dous enfrontamentos victoria para o Caselas.
– Infantil 55-25.
– Mini 48-43.
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments