0
0
0
s2smodern

Dende o Club Baloncesto Caselas, apoiamos, promovemos e disfrutamos desta gran iniciativa do noso Coordinador Deportivo Adrián Salgado.

El mismo expón con estas palabrás o proxecto:

"A Banda dos Insectos é un proxecto enfocado a todolos nenos e nenas amantes do baloncesto, no que a música rock e as letras baseadas neste maravilloso deporte mistúranse buscando que @s xogador@s familiarícense coa linguaxe do basket mediante a música.

Persoalmente, levo toda a vida compaxinando as miñas dúas grandes paixóns (baloncesto e música), grazas os meus pais que me deron a posibilidade de xogar dende os 7 anos e tocar a batería dende os 11.

Sempre na miña mente, esta unión deportiva-musical tiña que ocorrer e afortunadamente caín nun clube, o noso C.B.CASELAS, que dende que me nomearon Coordinador Deportivo déronme total confianza para levar a cabo ideas distintas que ofrecer @s nos@s xogador@s.

O noso clube é diferente e pensamos que os nenos e nenas que conforman a nosa canteira, cada ano máis numerosa, merecen recibir unha formación integral, que non se quede soamente no balocesto. Os valores como o compañerismo, a convivencia e abrir as mentes d@s rapaz@s do C.B.CASELAS o consideramos
igual de importante que ensinarlles a botar, pasar ou tiar a canastra.

Co crecemento da nosa xa clásica Liga dos Insectos do C.B.CASELAS, que serve como evento final de cada tempada dende fai 5 anos e na que participan todolos xogadores e xogadoras do clube (dende Baby ata Senior), xurdíu a idea de ofrecer un concerto de rock con letras sobre baloncesto, como unha actividade festiva encadrada dentro da liga. A gran resposta do público, en especial d@s nen@s, animoume a , ademáis de repetir o concerto o ano seguinte, grabar algunhas desas cancións de composición propia nun estudio e elaborar este videoclip do tema “Pasando a Bola”no que participan os mellores actores e actrices posibles: os nosos insectos do C.B.CASELAS!"

Esperamos que vos guste!!!

A banda está formada polos seguintes integrantes:

Baixo: Eduardo Cadenas Balseiro
Guitarra: Jacobo Roselló Boullosa
Batería e Voces: Adrián Salgado Fernández
Composición LETRA e MÚSICA: Adrián Salgado Fernández
Productor Audio: Iván Fornos Domínguez

Podedes contactar con eles na dirección de mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Aquí podemos disfrutar dos videos do proxecto, escoitar o descargar as súas cancións:

 

Podes facer clic nos títulos para descargar gratuitamente as cancións!!

- Cada un o seu.

- Cada uno al suyo.

- Pasando a bola.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información