0
0
0
s2sdefault

Xuño do ano 1995. Un xoven e nobel equipo Senior do C.B. Caselas viaxaba a bella localidade lusa de Caminha a xogar o Trofeo daquela vila.

As relacións entre os dous clubes comezaron un ano antes -no verán de 1994- onde os portugueses foron invitados por nós ao II Trofeo Festas do Cristo de Salceda a partido único xogado na cancha ao aire libre do Colexio Altamira (victoria do Caselas por 62-43).

Voltando a aquel viaxe a Caminha, dicir que o modesto plantel de xogadores (entre os que tiven a sorte de estar eu) partiamos a primeira hora da tarde en coches particulares con moita ilusión e gañas, ante todo de divertirnos. E ben que o pasamos!

O resultado final foi de Caminha 78 Caselas 92. Baloncesto ofensivo total, moitas canastas, pouca defensa e espectáculo. O Caselas cun plantel de 10 xogadores: 9 deles do pobo (a saber: Rubén, Franki, Miguel, Chapero, Angel, Berto, Cañi, Luis Manuel e servidor) e o reforzo "extranxeiro" de Víctor Cid, un pivot de Vigo de 1,97m que nos axudaba moito no xogo interior.

Pero se o partido estivo ben, despois foi mellor. Os amigos de Caminha nos prepararon unha cea nun restaurante e a festa foi total. Compañeirismo, anécdotas, chistes e moitas risas nun ambiente moi distendido. E que ben comemos!!

Se non recordo mal, as tres da mañán voltabamos para a terra. Esgotados, pero coa mente chea de vivencias e recordos que seguramente perduran agora, 23 anos despois, na mente de todos os presentes.
 
Eran outros tempos, de poucos recursos, pouco apoio, canchas ao aire libre, etc. Pero non por elo bonitos e inesquecibles.....aqueles maravillosos anos.
 
Manuel González Rodríguez.
Actual entrenador, ex-xogador e ex-presidente do CB.Caselas.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información