0
0
0
s2smodern

Mañán colaboraremos nesta estupenda e necesario iniciativa impulsada pola Obra Social Abanca.

Membros da directiva, que non teñan compromisos deportivos, acudirán a colaborar na prantación das árbores autóctonos que axudarán a recuperar parte do perdido nos incendios que asolagaron a Picoña naquel Octubre nefasto.

0
0
0
s2smodern

O noso Junior Femenino xogou o pasado sábado 23/febreiro un gran partido contra Salesianos, acadando a segunda victoria consecutiva en liga por 46-37.

Pero no C.B.CASELAS o máis importante non son os resultados,senon as boas persoas que pasan polo noso clube, que deixan unha pegada imborrable en companeir@s, adestrador@s e directiva.

Este é o caso de Cristina Magdalena Pereira, que formou parte do clube en categoría Mini e infantil e que agora xoga no equipo Junior do Salesianos.

Traballadora a máis non poder e con moito talento para o baloncesto, Cristina sempre estaba de bo humor e disposta a aprender en cada momento.

Sempre é un pracer reencontrarse con ela nas pistas (tamén coa súa nai e o seu pai!!). Sempre formarás parte da familia do Caselas!!!

Sorte no que queda de tempada!

0
0
0
s2smodern

Este próximo sábado 23, as 20:00, xogarémonos o primeiro posto no úlitmo partido da liga regular.

Xa estamos clasificados para o playoff de ascenso, pero non cabe dúbida que obter o primeiro posto na liga sería estupendo. O sábado enfrontámonos o 6 do Nadal, co que estamos empatados en puntos na tabla clasificatoria, o vencedor acadará o liderato.

0
0
0
s2smodern

Tódolos anos facemos esta publicación, mais témola presente cada día.

feminismo.

Del fr. féminisme, y este del lat. femĭna 'mujer' e -isme '-ismo'.

1. m. Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre.

2. m. Movimiento que lucha por la realización efectiva en todos los órdenes del feminismo.

Real Academia Española © Todos los derechos reservados.

Todo o noso apoio as mulleres que fan que o mundo non se deteña. Que sería de nos sen vos!

#cbcaselas #PresumedeClub #8M #SentirSalceda #DíaDeLaMujer #DiaInternacionalDeLaMujer #8M2019

0
0
0
s2smodern

Hoxe é San Valentín e para celebralo temos adestramentos, partido dos Premini A e moitos sorrisos que repartir.

A pesar de ser comercial segue sendo un día bonito para compartir. Desfrutade da vida e do basket. Desfrutade dos vosos.

Just play. Have fun. Enjoy the game.
Só xogar. Divírtete. Disfruta do xogo.

Michael Jordan

0
0
0
s2smodern

 VS 

 

Esta tarde unha nutrida delegación de xogadores, familiares e xiareiros do C.B. Caselas acudirá o Multiusos do Sar para presenciar o derbi Galego que enfrontará o Obradoiro contra o Breogán. Baloncesto de máximo nivel con acento galego.

Ademais os nosos Premini darán espectáculo xogando un partidiño no descanso do encontro e proxectarán o Pasando a Bola na superpantalla do Multiusos.

0
0
0
s2smodern

Xa temos aquí a segunda Concentración Baby da tempada, e esta vez toca na nosa casa laughing.

#cbcaselas #PresumedeClub #Abandadosinsectos

O próximo domingo 27 as 12:00, despois do partido do Premini A, celebraremos este encontro con preto de 100 pequen@s xogador@s.

Sempre é un epsectáculo ver a estes pequechos enchendo a noso pavillón.

Esperámosvos a tod@s.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar