0
0
0
s2smodern

Queremos darvos as gracias a tod@s por acompañarnos na Merenda de Nadal do pasado xoves.

Tedes que recoñecer que nolo pasamos bomba, sobre todo as valerosas nais e pais que se atreveron a xogar o partido. Demos un espectáculo fantástico. Cremos que algúns máis pais/nais viñan con ganas pero non se atreveron a baixar a pista, na próxima ocasión esperamos convencervos.

Polo demais pasamos unha tarde xenial, na nosa opinión o cambio de emplazamento que fixemos este ano pasando a celebrala merenda no propio pavillón foi todo un éxito. Ademais da merendola e o chocolate :)

No segundo turno a directiva e os senior tamén disfrutaron un pequeno ágape.

Por úlitmo agardamos que vos gustaran os debuxos dos xogadores que empapelaban as paredes, ademáis de boa canteira temos uns grandes artistas, sen contar algúns senior laughing.

GALERÍA DE DEBUXOS

Recordamos que o día 2 temos sesión de cine no auditorio municipal para vela película CAMPEONES.

E tamén que os día 3 os Premini A e os Mini viaxarán a Noia para participar no primeiro torneo do ano.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar