0
0
0
s2smodern

Dende a Libraría Couceiro recomendan e falan sobre o libro presentado onte "A banda dos insectos: Pasando a bola".

Aqui tendes o video.

Recordade que podemos mercar o libro na web da editorial ou directamente falando co noso coordinador Adrián Salgado

 

Recordade que podemos mercar o libro na web da editorial ou directamente falando co noso coordinador Adrián Salgado

https://guindastre.gal/product/pasando-a-bola/

 

0
0
0
s2smodern

Mañán, 19 de novembro as 18:00, presentarase na Biblioteca Municipal o Audiolibro "A Banda dos Insectos".

Este xenial proxecto, leva a música composta polo noso Coordinador Deportivo Adrián Salgado. Esta pequena semente dos insectos que prantamos o abeiro do Club Baloncesto Caselas, medrou escapando o noso control para converterse nun incrible audiolibro que levará as aventuras dos nosos bechiños polo mundo adiante.

Das boas ideas e o traballo xurden grandes cousas.

Se queredes asistir a presentación, alí nos veremos ;)

0
0
0
s2smodern

Un ano sen ti compañeiro. Parte do teu legado estará sempre no C.B. Caselas.

Sempre estarás no noso recordo.

0
0
0
s2smodern

Onte ocupamos un pequeno oco no Faro de Vigo, no que se fixeron eco das nosas andanzas na pasada tempada e no 3x3 da pasada semana.

Aquí vos deixamos un enlace no que podedes ler o artigo en pdf.

0
0
0
s2smodern

O noso coordinador deportivo Adrián será entrevistado hoxe en directo dende a praza do Concello de Salceda a propósito da Festa dos Callos as 18:30h , no programa A TARDE da Radio Galega.

Falará sobre o seu grupo educativo-musical A BANDA DOS INSECTOS, apoiado polo C.B.CASELAS e os seu futuro próximo cun concerto o 14 de setembro no Festival Miúdo Fest de Mos e a publicación en outubro do Audio Libro PASANDO A BOLA!

0
0
0
s2smodern

Arrincamos a tempada con forza e moitas ganas.

Contentos e orgullosos do torneo deste pasado sábado no que contamos coa participación de preto de 90 xogadores en minibasket e senior.

Este foi o podio final, ainda que dende o Club queremos felicitar a tódol@s xogador@s polo deportivo comportamento que demostraron.

1º Lanzo Balls

2º Tira Cervezas

3º Convento do Camiño Team

Debemos agradecer, coma sempre a súa inestimable colaboración o Concello de Salceda de Caselas o Concelleiro de Deportes Rubén por acompañarnos.

Aquí deixamos unhas fotos para o recordo.

0
0
0
s2smodern

O próximo sábado 31 de agosto arrancaremos a tempada do Club Baloncesto Caselas coa terceira edición do torneo 3x3 Insectos Concello de Salceda.

Na fin de semana da Festa dos Callos, máis de 80 xogadores entre Minibasket e Senior, desfrutarán dun día de baloncesto no Pavillón Municipal de Salceda.

Se vos apetece acompañarnos, estades convidados.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar