0
0
0
s2smodern

Mal debut do CB.Caselas nesta liga polo título provincial nun partido onde estivemos mal, especialmente no segundo cuarto onde encaixamos un decisivo parcial de 9-29.

Pero ademáis o equipo estivo demasiado fallón, e, como reflexan os 44 puntos finais, impreciso de cara o aro.
O encontro en liñas xerais foi igualado.

Logo dun 9-8 no primeiro cuarto, chegou a debacle dos nosos no segundo parcial de 9-29. Perdiamos balóns en ataque, varias accións individuais e non finalizabamos canastas fáciles. E a defensa, que era o único positivo que nos mantivo no marcador, non estivo concentrada.

Pero os nosos, como sempre, nunca baixaron os brazos e seguiron con opcións perante o campión de liga. Na segunda metade, aínda que as porcentaxes de tiro seguían moi baixas, apretamos en defensa e lograbamos achegarnos a 8 puntos. Curiosamente gañamos tres dos catro periodos. Pero remontada non foi posible.

Próximo fin de semana xogaremos en Mos.

CB.Caselas (44): Nico 1, Darío 14, Jose, Toni 1, Bernabé 13. QUINTETO. Xur 8, Fredi 5, Javi 2, Jito e Rober.
Parciais: 9-8 / 9-29 / 13-8 / 13-11.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre medio centenar de afecionados animando coma sempre.

CATEGORÍAS BASE:
Infantil Mixto: NOVOBASKET 46 CASELAS 28
Mini Masc: NOVOBASKET 71 CASELAS 40
Mini Fem: CASELAS 16 DEFENSORES DO MORRAZO 66
Premini: MIRALBA 40 CASELAS 34

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información