0
0
0
s2smodern

CB.Caselas (56): Darío 17, Jano 15, Rubén, Rober 2, Julián 9. QUINTETO. Fredi 7, Jose, Xur e David Ledo 6.
Parciais: 12-14 / 16-30 / 13-11 / 15-18.
Incidencias: Noite de sábado no Pavillón de Salceda, con regular entrada de público.

Victoria merecida do conxunto visitante.

O primeiro cuarto foi bastante bo pola nosa parte, xogando con seriedade e esforzo perante un equipo con gran poderío interior e físico. Sen embargo en ataque tivemos moitas perdas non provocadas polo rival (aspecto que tamén nos pasou no segundo cuarto e que foi clave). Isto levounos a perder oportunidades en ataque logo de boas defensas.

No segundo cuarto entregamos parte das opción e foi o peor periodo. Entre o xogador nº17 (13 puntos neste cuarto) e os rebotes ofensivos dos seus interiores, dispararon o electrónico a 28-44 ao descanso.

Na segunda metade, os de Adrián Salgado sairon con boa actitude, pero as cousas non acababan de sair, provocándonos unha frustracción que pagamos con dúas técnicas. Isto unido as molestias nos xemelgos de Jano, que pouco poido xogar.

No cuarto final, o CB.Caselas deu a cara e o intentamos pese a superioridade física dun rival da zona alta.

O vindeiro fin de semana toca viaxar a Arcade, outro oso duro.

Arriba Caselas !!!!

CATEGORÍAS BASE:

O máis destacado foi a "I CONCENTRACIÓN BABYBASKET" celebrada este domingo en Salceda organizada polo noso clube e as Escolas Deportivas Municipais. en colaboración co Concello de Salceda, Eurobanan e a FEGABA.

Sobre un centenar de nen@s mostraron as súas habilidades cun balón no medio dun gran ambiente. Agradecer aos clubes participantes a súa gran disposición para os pequen@s pasasen unha gran mañan. Participaron os equipos de Nigrán, Condado, Acacias, Novobasket, Amor de Dios, Montecastelo e, por suposto, o CB.Caselas/EDM.Salceda. Tedes unha reportaxe gráfica no facebook do noso clube.

En canto a liga da nosa base, non foi unha boa xornada en canto a resultados, con partidos competidos nalgúns casos e derrotas claras noutros.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar