0
0
0
s2smodern

Rival difícil e cancha complicada na que o noso senior se presentaba con tres baixas.
Tras un mal inicio, os nosos reaccionaron e xogaron un partido moi disputado fronte a un gran rival. Destacar a gran actuación de David Ledo, que deu unha lección de fundamentos no poste baixo en ataque, e o traballo inconmensurable de Rober Temporao no rebote defensivo e ofensivo. Todo elo sen desmerecer o compromiso de todos.

Con un punto arriba para Seis do Nadal a falla de 12 segundos, os de Coia dispuxeron de dous tiros libres que fallaron. O Caselas pechou ben o rebote e tivo a derradeira posesión para gañar o partido, pero o lanzamento non entrou.
Remata así unha primeira volta da liga moi positiva e coa intención de crecer como equipo e ir a máis. A segunda volta comeza o 15-16 de decembro recibindo en Salceda ao Rías Baixas vigués.

CB.CASELAS (58): Xur 8, Darío 14, Jose, Toni 2, Rober Alvarez. QUINTETO. Rober Temporao 2, David Ledo 21, Jano 11 e Fredi. Foron baixas Nico, Jorge e Sergio.
Parciais: 19-17 / 16-14 / 15-18 / 9-9.
Incidencias: Tarde noite de domingo no Pavillón do Colexio Seis do Nadal en Coia.

CATEGORÍAS BASE:
Xornada moi positiva para a base onde destacamos a primeira victoria para as Junior, que estaban a competir ben. O Infantil Masculino, que perdeu co líder Baiona, remata a primeira fase da liga e esperará a saber o seu novo calendario.
Junior Fem: CASELAS 68 VAL DE LEMOS MONFORTE 20
Infantil Masc: CASELAS 41 BAIONA 51
Mini: MIRALBA 16 CASELAS 66
Premini A: SALESIANOS "B" 31 CASELAS "A" 47
Premini "B": CASELAS "B" 41 APÓSTOL 25

PARÓN DA COMPETICIÓN:
Neste fin de semana da ponte da Constitución non haberá liga para ningún equipo. Os entrenos continúan con normalidade, excepto o xoves 6 festivo.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información