0
0
0
s2smodern

Encontro difícil e traballada victoria do CB.Caselas pese a diferenza que indica o marcador final.

O derbi comarcal da 3ªdivisión B autonómica non defraudou aos afecionados que se achegaron ao pavillón de Salceda e houbo que esperar ata o cuarto final para decidir ao vencedor.


No banquiño dos da vila do Corpus voltaba un vello -e querido- coñecido pola afeción salcedense, o técnico Carlos Kustrin, que logo de varias temporadas no noso equipo, debutaba esta campaña nas filas visitantes. Ademáis varias caras coñecidas en ambos lados, o que supuxo un aliciente motivador máis.


Así os dous equipos comezaron con respeto, con un xogo vistoso e intercambio de canastas. Os de Adrián Salgado a pesares de non estar moi atinados no lanzamento (atragantóusenos un pouco a súa defensa zonal de 4 homes máis o de arriba en individual), suplíano con traballo e defensa, destacando unha vez máis o traballo de todo o plantel.


A igualdade foi a tónica dominante: 32-28 no descanso e 44-40 ao remate do terceiro cuarto.
Pero no periodo final, a teórica superioridade do Caselas foi patente, cunha exhibición de bó xogo. O parcial de 24-12 foi definitivo perante un rival que sempre deu a cara.


Na vindeira semana viaxe a Redondela para enfrontarnos ao Choco.

CB.CASELAS (68): Xur 6, Darío 12, Jorge 4, Rober Alvarez 2, Toni 2. QUINTETO. Sergio 6, Jano 18, Jose 2, Rober Temporao, David Ledo 11, Nico 5. Non xogou Fredi por lesión.
Parciais: 15-11 / 17-17 / 12-12 / 24-12.
Incidencias: Preto dun centenar de persoas no Pavillón de Salceda. O CB.Caselas foi despedido cunha grande ovación.

CATEGORÍAS BASE:
Todo o minibasquet comezou este fin de semana e a ledicia e ilusión invaden as canchas cos máis pequenos. Os resultados foron os seguintes:
Premini B: SEIS NADAL 66 CASELAS B 22
Premini A: REDONDELA 16 CASELAS A 66
Mini: GARCÍA BARBÓN 49 CASELAS 22
Infantil Fem: CASELAS 54 NIGRÁN 25
Junior Fem: CARMELITAS OURENSE 82 CASELAS 18

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar