0
0
0
s2smodern

Gran debut do noso senior que conseguiu unha meritoria victoria como visitante.
Moi boa primeira parte na que os nosos impuxeron un ritmo moi alto, impulsado por un bo traballo defensivo e acompañado por boas decisións en ataque.

E o marcador, tras un gran segundo cuarto, falaba por si só: 25-51 ao descanso.
A saída do terceiro cuarto foi mala e non o pasamos ben (perdemos o parcial 22-10), pero unha tripla sobre a bocina de Xur reactivou o ánimo dos nosos xogadores.
No derradeiro periodo recuperamos o noso xogo dinámico para acabar cunha diferenza final de 23 puntos.
Queda moitísimo que traballar. Aínda así, esta primeira victoria é froito do esforzo e compromiso de tódolos xogadores mostrado tanto neste primeiro mes de adestramentos como neste primeiro partido. A seguir currando coa humildade que caracteriza a este clube!!
Mencionar tamén o bo comportamento de Rías Baixas. Foi un partido limpo marcado pola deportividade.

O vindeiro fin de semana descansamos. Voltaremos o domingo 21 recibindo en Salceda ao Redondela, no que será a festa de presentación de todas as categorías do C.B.Caselas e E.D.M.Salceda 18/19.

CB.CASELAS (80): Nico 1, Darío 13, Jano 25, Sergio 4, Ledo 17. (Quinteto). Rober Alvarez 5, Rober Temporao 7, Jose 2, Jorge, Toni, Fredi e Xur 6.
Parciais: 10-25 / 15-26 / 22-10 / 10-19.
Incidencias: Pavillón do Berbés en Vigo. Aceptable afluencia de público.

En canto as categorías base, as junior xogaron un amigable en Salceda perante CB.Nigrán. As nosas rapazas gañaron 52-40. O longo deste mes de outubro irán comezando as distintas ligas de base.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información